O vindeiro mércores 27 de 18 a 19 h teremos un pequeno obradoiro de iniciación sobre Recuperación de vellos ordenadores para uso educativo de nenos e nenas que, nesta situación de alarma, teñen que seguir as aulas a distancia.
Eses ordenadores vellos que temos por casa pódennos ser útiles agora con esta situación (que se pode ademais prolongar no futuro), así que queremos darlles unha nova vida. Con esta actividade queremos:
- promover o software libre e a soberanía dixital
- reutilizar equipos electrónicos para diminuir os residuos e a extración de materias, e promover a electrónica ética
- contribuir á redución da fenda dixital e da desigualdade educativa que a non presencialidade está a provocar
A idea é que esta sexa unha sesión inicial para crear un grupo de apoio mútuo, onde as participantes teñan persoas de referencia que as acompañen nesta recuperación de elementos informáticos vellos dándolles apoio técnico e tendo reunións periódicas para compartir as dificultades e éxitos.
La entrada Tele-obradoiros de ESF: como darlle nova vida a vellos ordenadores para uso educativo de nenas e nenos I aparece primero en ESF Galicia.
0 comentarios