Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2020

por Enxeñeria Sen Fronteiras

viernes 3 de julio de 2020

por Enxeñeria Sen Fronteiras

viernes 3 de julio de 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    O pasado mes de xuño, xa cun progresivo desconfinamento, aínda seguimos facendo os ciberfaladoiros, se ben a partir do que tivo lugar o 4 de xuño, pasan a se os martes alternos ás 20:30, tendo lugar o primeiro no novo horario o día 30 de xuño, no que falamos sobre clases sociais e desigualdade. O vindeiro será o 14 de xullo (ver apartado de “E no próximo mes”). No mes de xuño consolidouse o Grupo de Apoio Mútuo Dixital, que continuou a ter xuntanzas en liña cada xoves ás 22:30, e así seguirá. Estamos a preparar un encontro presencial deste grupo para cacharrear en A Coruña e outro en Santiago, dos que pronto esperamos que teñades novas. Tivemos ocasión de producir un novo episodio do noso podcast ESFRadio, onde, grazas a participación de tres ESFeiras en Honduras, El Salvador e República Dominicana, puidemos coñecer a situación en Centroamérica-Caribe en tempos de COVID 19 e falar con elas sobre o futuro da cooperación.

    Lembramos que a Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras, á que pertencemos, puxo en marcha o noso propio servidor de jitsi, que calquera pode usar para videoconferencias. Tamén lembrar as propostas que dende Enxeñería Sen Fronteiras Galicia enviamos aos partidos políticos que se presentan ás eleccións do vindeiro 12 de xullo.


HONDURAS

  O pasado día 10 de xuño tivemos reunión con Raquel, a representante país Honduras de ESF, onde nos informou da situación no país, con previsión de crise económica e alimentaria. Nesta época de choivas se entregarán plántulas de diversas especies para plantar e faranse capacitacións (formacións) a familias labregas dentro do convenio coa AECID. O proxecto de apoio á pesca artesanal coa Xunta de Galicia está paralizado, pendente de readaptar as accións no marco post-COVID19. Estase a preparar unha proposta para obter unha subvención de axuda humanitaria para a zona nesta época complicada que está a vir, con altísimo risco de emerxencia alimentaria. Raquel regresou a Galicia o 19 de xuño, xa que a nivel sanitario non se tiña seguridade (desborde de hospitais, e aínda non se ve que chegara o pico da enfermidade), pero continuan os contactos coas nosas socias locais hondureñas, e con Elmer, o noso secretario técnico en Honduras, que estará traballando dende a casa minimizando as súas saídas. Por outra banda, este mes tivemos a boa nova da concesión dunha nova subvención da Xunta de Galicia, para continuar o programa de soberanía alimentaria e xénero (onde traballaremos con CODDEFFAGOLF, NASMAR e o CEXEF da UDC). A mala nova foi a non concesión dunha nova fase do programa de auga, para o que trataremos de buscar financiación na Agencia Española de Cooperación proximamente.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

  • Todos os xoves ás 22:30: encontros virtuais do Grupo de Apoio Mútuo Dixital de ESF
  • 6 de xullo (primeiro sábado de xullo): Día Internacional das Cooperativas
  • 7 de xullo: Día da Conservación do Solo
  • 9 de xullo: Ciber-encontro de ESFeiras polo Mundo, onde falaremos da situación do COVID en diversos países onde traballa xente de ESF e pensaremos no futuro. Será no ciber-bar de ESF (se tes interese podes inscribirte en info[arroba]galicia.isf.es)
  • 14 de xullo: 20:30h. Ciberfaladoiro de ESF sobre “Equilibrio mundo rural-mundo urbano” no ciber-bar de ESF (se tes interese podes inscribirte en info[arroba]galicia.isf.es)
  • 15 de xullo: Día Internacional das Tecnoloxías Apropiadas
  • 19 de xullo: peche do prazo de presentación de traballos ao VII Premio de Enxeñería Solidaria
  • 28 de xullo: 20:30h. Ciberfaladoiro de ESF sobre tema a determinar, no ciber-bar de ESF (se tes interese podes inscribirte en info[arroba]galicia.isf.es)

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebookinstagram, Twitter ou na nova canle de telegram difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

““E eu pergunto aos economistas políticos, aos moralistas, se já calcularam o número de indivíduos que é forçoso condenar à miséria, ao trabalho desproporcionado, à desmoralização, à infâmia, à ignorância crapulosa, à desgraça invencível, à penúria absoluta, para produzir um rico”.
Almeida Garrett

La entrada Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2020 aparece primero en ESF Galicia.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.