Onte no ciberfaladoiro estivemos falando sobre Renda Básica Universal. Aquí un breve vídeo para enterarnos de que vai isto.
Xurdiu a cuestión de que o debate da Renda Básica Universal xa case non é de si debe implementarse ou non, xa que co tempo tarde ou temprano vai facer falta algo semellante. Tanto a esquerda coma a dereita económica van coincidindo nisto, xa que cada vez somos máis eficientes economicamente como especie (e a automatización ten e aínda terá máis moita culpa disto) e a este ritmo moita xente (individuos) queda sen traballo asalariado, fora do sistema e finalmente na pobreza. Ao mellor hoxe en día, no noso entorno, isto non era todavía o máis común, pero eventualmente si o será e de feito coa crise da COVID19 estase vendo a cousa complicada (de feito se visibilizou máis que nunca a RBU e se chegou a falar de Renda Básica de Cuarentena como preludio dunha RBU). E claro, moralmente se temos producción de sobra e non todo o mundo pode traballar de xeito asalariado, non podemos deixar simplemente que haxa persoas que o pasen mal sen que teñan outra opción. Por outra banda, as persoas teñen a manía de seguir nacendo, e parece que a defensa do “traballo universal asalariado” cada vez ten menos sustento, porque mesmo traballando con salario hai persoas pobres.
Faláronse dalgunhas vantaxes claras da RBU:
- Tranquilidade mental que da un colchón de liquidez, aínda que sexa mínima, para afrontar problemas, plantexarse proxectos persoais ou simplemente poder rexeitar traballos indignos.
- Valorización de traballos non retribuidos (empezando polos coidados).
- Simplificación brutal da “burocracia da pobreza”, xa que se eliminarían todas as axudas a persoas en situación de vulnerabilidade (e os trámites engorrosos e violentos para “demostrar a pobreza”), pensións non contributivas, etc.
Tamén se comentaron elementos que soen ser criticados nos debates sobre RBU, sobre todo tres:
- Como se pagaría? Aquí referímonos aos estudos ben sistemáticos xa feitos, que implica non demasiado a nivel reforma fiscal.
- Que pasaría con quen non quixera facer absolutamente nada e vivir cos 500-700 euros que podería ter ao mes para toda a súa vida? Chegamos a estar dacordo en que as persoas queren facer cousas, transformar e crear, é algo intrínseco ao ser humano. E se alguén se conforma con vivir coa RBU sen facer absolutamente nada, renunciando a moitas cousas porque tampouco é que sexa un pastizal, pois ok!
- O feito de implementar a RBU vai provocar inflación porque subirán os prezos artificialmente. Trátase dunha crítica falaz porque non é que se fabriquen novos cartos. A renda basica sería redistribuir, non darlle a maquiniña de facer cartos, o do aumento da inflación non se sostén. Por outra banda, parece inasumible moralmente que para que os prezos sigan baixos haxa que permitir a pobreza de moitas persoas habendo outras extremadamente ricas.
Tamén hai outros cuestionamentos como que non sería “a ferramenta definitiva” contra a desigualdade e na busca dunha sociedade máis xusta, como cuestiona algunha xente.
Tocouse ademais algunha cuestión en discusión entre quen defende a RBU:
- Unha clave. A RBU, dende unha perspectiva máis de ben común, non é nin máis nin menos que un dereito máis, que debe ser cuberto polo estado a través do sistema de impostos, o mesmo que sanidade e educación. Non é que a RBU veña a substituir estes outros servizos básicos, como defende quen, dende o liberalismo, apoia á RBU (moita xente das empresas de Silicon Valley, por exemplo; por iso fixemos referencia ao principio a que tamén hai na dereita quen defende a RBU como “mal menor”).
- Como se calcula a RBU nun país ou zona? Hai quen defende que ten que ser máis exigua, sobre 50-60% do salario mínimo, ou facer un cálculo segundo a canasta básica de servizos e bens mínimos para unha vida digna, ou irse directamente a valores máis cercanos ao salario mínimo. Nese cálculo, as persoas menores de edade deberían cobrar o mesmo que as maiores de idade ou, como propoñen moitos modelos de RBU, unha % (moitas veces se fala do 50%)? Tamén hai quen fala de Renda Básica das Iguais, que inclúe unha parte do ingreso non individual, senón incorporado a accións colectivas.
- A renda básica universal, como pode chamarse universal se non é para as persoas de todo o mundo? E aquí enlazamos xa con modelos de axuda entre países, o sistema de cooperación internacional e como se está a repensar (cousa que en ESF xa sabedes que nos interesa moito), se é mellor plantexar grandes programas moi centrados en resultados concretos ou é mellor “darlles os fondos ás persoas que elas xa verán como gastalos” (hai algúns programas que fan iso, a fondo perdido, e outros moitos con microcréditos, que son reembolsables).
Este foi un primeiro encontro en Enxeñería Sen Fronteiras sobre esta temática. Esperamos ir tendo algo máis para poder ter elementos de discusión nun tema que pensamos que vai ter moito recorrido, e vai estar moi vinculado aos efectos da tecnoloxización e automatización da sociedade para poder poñer a tecnoloxía ao servizo do ben común.
Recomendamos as películas “Yo, Joe Black” e “Los lunes al sol”, para entender un pouco o pozo e o laberinto de violencia administrativa que representan as axudas actuais (incluido o Ingreso Mínimo Vital).
Máis info:
- Red Renta Básica: http://www.redrentabasica.org/rb/
- Baladre, Renta Básica de las Iguales: https://rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org/
Para actuar en Galicia:
- Colectivos Cidadás pola Renda Básica Universal: https://colectivoscidadansrbu.wordpress.com/blog-2/ (en facebook e instagram)
- Oficina de Dereitos Sociais Coia: http://odscoia.arkipelagos.net/aggregator/sources/7 (en twitter)
La entrada Ciberfaldoiro: Renda Básica Universal nun mundo automatizado en cuarentena aparece primero en ESF Galicia.
0 comentarios