Onte no ciberfaladoiro falamos sobre o futuro da cooperación ao desenvolvemento. Tivemos como referencia o mini-documental ¿Puede una mujer PERUANA ser más RENTABLE que la BOLSA?: El caso de Microwd, onde saen varios puntos que nos pareceron interesantes para xenerar debate.
Algúns dos temas e ideas forza que saíron foron:
- Falamos de distintos enfoques da cooperación existente: cooperación entre sociedade civil (algunhas máis “colonizadoras” e outras máis de traballo conxunto e de pontes entre sociedades civiles, non só entre países da OCDE e países receptores de axudas), cooperación con gobernos (reforzo orzamentario, axudas condicionadas, préstamos…), etc. As reflexións foron variadas, sobre sistemas de microcréditos (e o papel das mulleres, como na iniciativa do video, e como nalgunha das que impulsamos dende a propia ESF en Honduras con grupos de mulleres), sobre se era mellor entregar fondos a cada persoa/familia de xeito incondicional, ou os programas condicionados, ou combinar, ou se o mellor era deixar a cada país co seu modelo, sen intervir, pero tamén sen “ponerle la pierna encima” (o cal no contexto de neocolonialismo e loitas polo control dos recursos é algo imposible, aínda que posiblemente si sería unha boa utopía na que os pobos foran protagonistas do seu desenvolvemento, sen inxerencias nin necesidade logo de “parches” a través dunha cooperación ao desenvolvemento interesada) .
- Falouse de que a corrupción e a violencia son posiblemente as dúas lacras maiores para o traballo da cooperación. Neste sentido comentouse que o fortalecemento das comunidades e organizacións da sociedade civil pode ser un punto clave, que poden impulsar sobre todo os movementos sociais e ONGD en todos os países. Pensamos que ese fortalecemento e apoio mútuo pode servir de dique contra corrupción, violencia, violación de DDHH, insolidariedade entre países e ecofascismo. Falouse de exemplos concretos como o tema da corrupción e maras en Honduras, con respecto a Nicaragua, onde as maras tiveron moita menos implantación (en gran parte pola maior cohesión dos barrios e comunidades, herdada posiblemente dunha maior cultura da participación e educación popular).
- A importancia da comunicación no desempeño de iniciativas de transformación social, tamén nas que teñen que ver coa cooperación e na creación dun mundo cun enfoque de solidariedade global e respecto aos dereitos humanos en todo o mundo. Falamos de que se bota de menos máis narrativas simples e impactantes para potenciar a necesidade deste enfoque solidario, fronte ás mensaxes simplistas do outro lado (clasismo, racismo, os de aquí e os de aló, etc.). Tamén se comentaba que é importante a diversidade de métodos de comunicación e de xeneración de mensaxe, e que as organizacións delimiten ben cal tería que ser a súa “lonxitude de onda” (público e xeitos de comunicar), e que non todos se deberían adicar a todo.
La entrada Ciberfaladoiro. O futuro da cooperación (I). aparece primero en ESF Galicia.
0 comentarios