CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- A recomendación artística do mes
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Este mes, ademais de celebrar que o BOE xa ten un irmán sonoro en forma de podcast, engadimos duas novas seccións: a “Recomendación artística do mes” e, dentro da sección Enlaces de interese, unha subsección para o tema de enerxía e cambio climático (que ademais vén fortísima na súa estrea).
Tivemos a boa nova da creación dun incipiente grupo de enerxía e cambio climático de ESF, que foi o detoante de que adiquemos ese apartado específico a novas neste eido. Empezaron forte, impulsando un dos ciberfaladoiros realizados no mes, o de “alternativas para unha transición enerxética: que podo facer eu?“, do que se fixo un resumo por se non puideches asistir. O outro ciberfaladoiro foi sobre Outras realidades: Mozambique (é posible que pronto empecemos a facer algunha cousiña sobre este país).
Tivemos tempo de asistir á presentación da nova Estratexia Dixital da Xunta de Galicia, e nos suscitou dúbidas que queremos compartir aquí.
Tamén houbo reunións do grupo de Dereito Humano á Auga para seguir traballando no mapeo do estado da xestión do abascemento nos concellos de Galicia en colaboración con Ecoloxistas en Acción e a Universidade da Coruña, así como do grupo de Soberanía Alimentaria e Defensa do Territorio, que estivo definindo accións para este 2021. O 13 de febreiro houbo o III Ciber-vermú do grupo de homes esfeiros (ao que chamamos agarimosamente “micromachiños”), onde compartimos inquietudes sobre masculinidades alternativas.
O Grupo de Apoio Mútuo Dixital tivo o primeiro encontro con membros de Ecos do Sur, para arrincar a proxecto de redución de Fenda Dixital en familias vulnerables coa reutilización de equipos vellos “voltos á vida” con software libre, apoiado por fondos IRPF da Xunta de Galicia.
HONDURAS
En Honduras tivemos a boa nova da reincorporación da nosa representante país Raquel (apertas!!), e a viaxe de Irene para dar apoio nos meses de febreiro e marzo no país no peche de proxectos que toca nestes dous meses.
Dentro do programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio, en febreiro rematouse o proxecto, financiado pola Xunta de Galicia, de apoio á actividade marisqueira na súa fase 1 (nos vindeiros meses estaremos buscando a financiación para continuar). Presentouse a versión mellorada da ferramenta de mapeo participativo de áreas de alto valor ambiental e de agresións ambientais, SIROS, desenvolta co apoio do cartoLAB da Universidade da Coruña. Ademais, mulleres marisqueiras tiveron unhas xornadas de sementeira de marisco.
Tamén nese programa, pero noutro proxecto, financiado pola Axencia Española de Cooperación, a organización hondureña socia de ESF, CODDEFFAGOLF, participou na mesa de Seguridad Alimentaria y Nutricional de la municipalidad de Nacaome.
No último dos proxectos que temos en marcha dentro deste programa, tamén financiado pola Xunta de Galicia, estamos a colaborar co CEXEF apoiando a grupos de mulleres con CODDEFFAGOLF e ás oficinas municipales de la mujer de los 7 municipios da Mancomunidad NASMAR. En febreiro tivo lugar o primeiro foro de sanación grupal, “Tejiendo ternura en colectividad “, como un espazo reflexivo para as compañeiras que defenden a vida xunto ao mar.
Xa no outro programa que temos en Honduras, o de promoción do dereito humano á auga, quixemos chamar a atención sobre a nosa aposta por ir introducindo no programa a hidroxeoloxía como sustento científico para fortalecer as accións das nosas socias na xestión da auga en Honduras. O estamos a facer coa Universidade da Coruña. Ademais, estivemos a preparar unha proposta para obter financiación da Deputación da Coruña para apoiar o programa de Formación de Técnicas Comunitarias de Auga.
A mala nova foi ter que lamentar o pasamento da alcaldesa de El Triunfo Gina Bonilla, coa que colaboramos estreitamente na defensa do dereito á auga na zona e que tivo a ocasión de visitar Galicia en 2018. Con ela, vaise unha loitadora e un exemplo para a clase política de Honduras. Foi pracer ter compartido esforzos con ela.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Fóra do Mapa. O podcast en galego que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa
- EcoCanle
- Nesgos cognitivos e neutralización do discurso do odio. Ciberrespect, con Ecos do Sur
Consumo responsable
- Banca Armada
- Ecommerce, la trampa de la moda
- Miles de toneladas de vacuno relacionadas con la deforestación de la Amazonia se pierden en el mercado español por falta de transparencia
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- El VII Premio Ingeniería Solidaria ya tiene ganadoras
- IV Edición de los Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Gestión Territorial
Enerxía e cambio climático
- As térmicas de carbón apáganse
- Renewables in Spain threaten biodiversity
- Recomendacións de Amigos da Terra para a correcta trasposición das Directivas europeas en materia de enerxía
- Canta enerxía eólica máis necesita Galicia?
- Central de As Pontes: transición justa, victoria ambiental o destrucción
- Una perspectiva decrecentista de las energías renovables
- Así se fragmenta un parque eólico para facilitar a súa autorización ambiental: as denuncias espállanse por Galicia
- O Observatorio Eólico de Galicia publica unha guía práctica para asesorar ás comunidades rurais nos procesos negociadores coas empresas
- En busca de unicornios de carbono: el engaño de los mercados de carbono y la reducción de emisiones a “Cero Neto”
- Es el mercado (eléctrico español), amigo
- Actúa para acabar con el Tratado de la Carta de la Energía que mata el clima
- Requerimientos de tierras y emisiones de CO2 asociadas a cambios en los usos de la tierra de la energía solar
Iniciativas
- A EPS de Enxeñaría habilita os primeiros hortos ecolóxicos no Campus de Lugo
- Crowdcoop. Espacio digital para la creación, impulso y consolidación de proyectos cooperativos
- Que nadie se lucre con la pandemia
- Tenda en liña sen plásticos
Investigación para o desenvolvemento
- Las partículas que viajan en los gases que recalientan el planeta causan el 20% de las muertes prematuras mundiales
- “Innovation without growth”: alternatives to technological determinism
- Informe Plastívoros. La contaminación microplástica en la tierra podría ser hasta 23 veces mayor que en el océano
- O movemento demóstrase andando, o machismo calculando
- Mª José Alonso avanza dende Santiago na súa vacina contra a Covid “que tamén poida ser accesible aos países en vías de desenvolvemento, onde as infraestruturas sanitarias son moi precarias”
Mundo
- El mapa del índice de democracia
- Honduras: El paramilitarismo en el sector energético y el turismo
- Sáhara Occidental. Detienen a activistas y allanan casas de saharauis en El Aaiun
- Donato Ndongo: “Guinea, para las élites españolas, siempre ha sido una colonia de explotación”
- El movimiento zapatista: la lucha contra el neoliberalismo mundial
- Un modelo agroecológico y participativo se abre paso en Chile
- El Tratado entre Mercosur y la UE, ¿oportunidad histórica o “acuerdo vampiro”?
- Carne Cruda. Reportaxe sobre ocupación de terras en Centroamérica. A partir de minuto 48
- El clima y el COVID-19 cuadriplican el número de centroamericanos que pasan hambre
Políticas e modelos de desenvolvemento
- “O dilema do século XXI é renda universal ou barbarie”: entidades galegas lanzan o debate cun vídeo colectivo
- Carlos Taibo: “Vivir mejor con menos solo tiene sentido si antes hemos redistribuido radicalmente la riqueza”
- Electrointensivas con data de caducidade
Sensibilización
- A malvada AstraZéneca, a súa historia en Galicia
- Dale una vuelta. Información y ayuda sobre el consumo de pornografía
- La contaminación de partículas que expulsan los combustibles fósiles hace más difícil concebir un hijo
- El Sáhara Occidental no está en venta, paremos el #JuegoDelExpolio
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Género, gobernanza y comunales a través de la mirada de las mujeres
- Por si usted no lo sabe, el hambre también juega en el casino de los mercados
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Un nuevo informe alerta del uso de Inteligencia Artificial para detectar emociones humanas: “Es pseudociencia”
- Mapa dos eólicos de Galicia
- #48-Mancomún Podcast: Repaso ao 2020 con Francisco Puga e Pablo Sanxiao (que tamén forman parte da base social de ESF)
- Consultorio de Soberanía Tecnológica 12: Cómo hacer una transición tecnológica
- Xeopesca alerta sobre o gasto da Xunta en licenzas de Microsoft e o abandono do software libre
- La Plataforma de ONG de Acción Social presenta el Estudio cuantitativo “Brecha digital social y defensa de los derechos humanos”
- La desigualdad digital, considerada amenaza crítica global en 2021
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Planeta Hormigón
- Vivir sin red eléctrica: así funciona la casa solar asturiana que casi no necesita sol
- A vespoidea de Adrián García: 7 varas. Sabías da existencia das bicicletas de bambú?
- Ni oficinas ni coches: así será la ciudad poscovid, la mayor revolución urbanística
- Un salto al vacío: Los riesgos de la bioenergía con captura y almacenamiento de carbono (BECCS)
- O paradoxo de Elon Musk: o Bitcoin e o cambio climático
- La española que inventó los toldos que generan energía
- Implantes neuronales. Elon Musk: mierda en el cerebro
Voluntariado e Persoas
- María Neira: “Nuestra mejor defensa contra virus o bacterias es apoyarnos en nuestros ecosistemas”
- Entrevista a María Campuzano sobre Energía e Industrias Extractivas
- Las mujeres que hacen periodismo y resistencia en Honduras. 26min 01seg
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas.
Este mes:
- Atlas Ecosocial de Galicia. Editorial Catroventos
A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES
Esta é unha nova sección de BOE, onde recomendaremos algunha obra artística que nos pareza especialmente inspiradora. Cancións, libros, películas, obras de teatro, banda deseñada…, calquera peza de arte pode ter cabida!
Queremos estrear a sección con Manu Chao e o seu Clandestino, case un himno. Aquí podes escoitalo!
E NO PRÓXIMO MES …
- 3 de marzo: Día Mundial da Natureza e a Vida Silvestre
- 3 de marzo: Día dos datos abertos, Spain Opendata Day
- 4 de marzo: Día Mundial da Enxeñería para o Desenvolvemento Sustentable
- 5 de marzo: Día Mundial da Eficiencia Enerxética
- 8 de marzo: Día Internacional da Muller
- 9 de marzo. Objetivos de Desarrollo Sostenible. Andrea Ciambra. Asistencia libre. Dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños, coa que ESF colabora e axudou a crear no seu día. Aula 2 – Escola de Camiños, Campus de Elviña, A Coruña.
- 14 de marzo: Día Internacional de Acción contra as represas e polos ríos, o auga e a vida
- 15 de marzo: Día dos Dereitos do Consumidor
- 16 de marzo. Acceso al agua. Jose Anta.
- 17 de marzo. TpDH en Abastecimiento y Saneamiento de agua. Quique Peña. Asistencia libre. Dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños. Aula 2 – Escola de Camiños, Campus de Elviña, A Coruña.
- 20 de marzo: Día Internacional da Felicidade
- 21 de marzo: Día Forestal Mundial
- 21 de marzo: Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial
- 22 de marzo: Día Mundial da Auga
- 24 de marzo. Metodología de proyectos de cooperación y experiencia de proyectos de ESF. Pepe Vara (ESF Galicia). Asistencia libre. Dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños. Aula 2 – Escola de Camiños, Campus de Elviña, A Coruña.
- 27 de marzo (último sábado de marzo): A Hora da Terra
- 30 de marzo: Día do documento libre
- 31 de marzo: pecha o prazo para presentarse á IV Edición dos Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook, instagram e Twitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
A ciencia non é senón unha perversión de si mesma, a menos que teña como obxectivo final o melloramento da humanidade
Nikola Tesla
La entrada Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2021 aparece primero en ESF Galicia.
0 comentarios