Dentro das accións impulsadas no Convenio18-CO1-1126 coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, que impulsamos VSF Justicia Alimentaria Global, Amigos de la Tierra España e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, xunto con varias organizacións hondureñas que coñecen moi ben o que está a pasar, queremos resaltar un par de actividades realizadas durante o mes de maio, impulsadas pola nosa socia CODDEFFAGOLF.
Por un lado, as compañeiras do Comité de Investigación Local CIAL-APROEM, estableceron un ensaIo para a mellora de dúas variedades de millo (langueño e campesino), en Zuniga Abajo, Moropocay. A finais de 2020 fixeran tamén un con variedades de sorgo.
Por outro, a organización da “Feria verde”, onde participaron productoras e emprendedoras do concello de Nacaome. A actividade se organiza pola Mesa Seguridad Alimentaria y Nutricional de Nacaome. Alí están á venda productos locais a prezos xustos.
La entrada Segue o traballo pola soberanía alimentaria no Golfo de Fonseca aparece primero en ESF Galicia.
0 comentarios