CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- A recomendación artística do mes
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Este mes, saíu o primeiro equipo do Banco de Reciclaxe Electrónica da Coruña. Tivemos ademais unha semana de actividade frenética, con máis saídas e entradas de equipos informáticos (empezamos a entrega dunha remesa de 15 para Ecos do Sur), novas fichaxes (Manuel), a doazón monetaria para o Banco da empresa Nolegaltech (moitas grazas!) e un faladoiro sobre os bancos de reciclaxe con software libre de Galicia na Mostra do Posible de Cangas.
Empezamos a participar nunha serie de obradoiros de consulta pública que fai Augas de Galicia para a elaboración do novo Plan Hidrolóxico e tamén tivemos tempo de participar no encontro da Rede Acampa, no que puidemos falar sobre extractivismo no sur de Honduras. Ademais, celebramos o ciberfaladorio “Axuda o eucalipto ao rural galego?”, do que podes ver o resumo aquí.
Para rematar ben o mes, o 30 tivemos o primeiro encontro ESFGalicia-ESFCatalunya para aprender das experiencias de ESFCatalunya nos proxectos en Mozambique, dado que dende Galicia queremos empezar a coñecer a realidade dese país de cara á colaboración no programa que Augas de Galicia, Cooperación Galega da Xunta e a Universidade da Coruña teñen nese país.
HONDURAS
Setembro é o mes das Festas Patrias en Honduras. Alí, segue a estancia de Xoel e Eva como parte do seu Programa de Coñecemento da Realidade, e vannos contando como lles vai aquí. Na casa da cultura de San Lorenzo, houbo un pequeno obradoiro de coñecemento do corpo moi “movido” a cargo de Eva. Ademais, con motivo do día da Persoa Cooperante (8 de setembro), a nosa representante en Honduras, Raquel, con Eva e Xoel, participaron nun vídeo da Agencia Española de Cooperación Internacional explicando que é para elas “cooperación” (a partir dos 4min 15seg).
Continúan os proxectos na liña de traballo de Dereito á Auga (co apoio da Deputación da Coruña ao programa de técnicas comunitarias de xestión da auga de AHJASA) e no programa de soberanía alimentaria (como o financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo e o financiado pola Xunta de Galicia de apoio a grupos de mulleres productoras e ás Oficinas Municipales de la Mujer).
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Energía hidroeléctrica: el dinero para las empresas cae del cielo
- Os xurros, unha bomba de contaminación da auga sen control en Galicia
- A auga, outro ben público privatizado?… Así é o Anteproxecto de lei sobre o ciclo integral da auga
- Familias multimillonarias controlan el agua de California mientras el estado sufre sequía
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
- La lucha empieza en tu cajero
- La encrucijada de los metales raros: Episodio 1. Documental de la serie El escarabajo verde
- Consumo ConCiencia. Manual de supervivencia
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- Podcast Habitando Ep.36. A Exposición 20 anos de ProxectoTERRA. Arquitectura Sen Fronteiras
Enerxía e cambio climático
- Baleares crea una eléctrica pública basada en el autoconsumo compartido para abaratar la luz
- A privatización do vento en Galicia
- El Gobierno abre la vía para que familias, pymes, agricultores y municipios se emancipen del oligopolio eléctrico
Iniciativas
- Asociación Galega de Mestría en Compostaxe
- Axuntase, vanguardia de la comunidad energética sostenible
- Convocatoria Premios Consello Social Universidade de Vigo, Humana
- Ábrese o prazo para a presentación de candidaturas para a V Edición dos Premios Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial.
Investigación para o desenvolvemento
- Un algoritmo axuda á detección temperá do alzhéimer cunha precisión de máis do 99%
- Informe «Hidrógeno: ¿la nueva panacea?»
- An Overview of Ocean Climate Change Indicators: Sea Surface Temperature, Ocean Heat Content, Ocean pH, Dissolved Oxygen Concentration, Arctic Sea Ice Extent, Thickness and Volume, Sea Level and Strength of the AMOC (Atlantic Meridional Overturning Circulation)
- Plaguicidas en nuestro dormitorio
Mundo
- HONDURAS: Tenemos que Hablar de Honduras con Justin Quiles | Documental Completo (39min 39seg)
- SAHARA OCCIDENTAL: El Tribunal General de la UE anula los acuerdos entre la UE y Marruecos que incluyen el Sáhara Occidental
- CONGO: República Democrática del Congo: hambre y violencia
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Informe. A militarised Union. Understanding and confronting the militarisation of the European Union
- Las cifras de pobreza severa cuestionan el alcance del escudo social
- Esta noche actúa…, Señora Evolución
- Estrategias decrecentistas
Sensibilización
- The Story of Plastic (Full Documentary). Documental. 1h 23min 37seg
- Novo revés xudicial do lobby mineiro galego con dúas sentenzas do TSXG sobre as subvencións para enxeñaría social e lavado verde
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- O novo ‘Atlas da carne’ revela o impacto devastador da gandería industrial
- La burbuja de las macrogranjas pincha tras dejar una intensa huella social y ambiental
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- El nuevo dilema de los trabajadores tecnológicos: “Si me pagan más pero no es ético, me voy”
- Inteligencia artificial al servicio de tus jefes
- Una agenda verde también para internet
- Qué es el ‘vamping’ y cómo afecta a los hábitos de sueño de tu hijo adolescente
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Cuando la Medicina no es neutral: el sesgo de género al que se enfrentan las mujeres en la consulta
- Podcast de RAdio Tui. A mestra composteira de Tui, Sara Luque, vella coñecida de ESF, fala da compostaxe vexetal e usos da biomasa e restos verdes de parques, xardíns e montes https://www.ivoox.com/seccion-compostaxe-mercores-25-agosto-de-audios-mp3_rf_74574233_1.html
- Lanzan un informe para avanzar hacia un mundo sin minería
- 10 razones para firmar el Tratado sobre la Prohibición de las Armas Nucleares
Voluntariado e Persoas
- Alicia Valero: “La falta de microchips es la punta del iceberg de lo que nos espera”
- Gunilla Ekberg: “En España no se podría sostener la industria de la explotación (sexual) sin el apoyo del crimen organizado”
- Presentada a colección ‘Defensoras de Dereitos’ na Semana do Libro de Compostela
- Dalila Argueta: “Soñamos con el día en el que dejemos de defender y solo vivir” (vídeo, 9min)
- Luz Rello: “Me han llegado a ofrecer mucho dinero por la patente de Dytective, pero he decidido no venderla para que sea un servicio gratuito”
- A enxeñeira e doutora en informática Ana Freire recibe o Premio Ada Byron do CPEIG pola súa achega na aplicación da intelixencia artificial ao ben social e o seu impulso ao enfoque feminino da tecnoloxía
A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES
Este mes voltamos ao teatro. Queremos recomendar a obra N.E.V.E.R.M.O.R.E do grupo Chévere (en Galicia se estreará durante este outubro). Lembrando o Prestige dende os tempos da COVID19.
E NO PRÓXIMO MES …
- 2 de outubro: Día Internacional da Non Violencia
- 3 de outubro: Día mundial contra os DRM (Digital Rights Management, ou Xestión dos Dereitos Dixitais)
- 4 de outubro: Día do Animal
- 4 de outubro (primeiro luns de outubro): Dia mundial do Hábitat
- 5 de outubro: último día para inscribirse e inicio do Curso Online, Dereito Humano á Auga e Saneamento
- 5 de outubro: 19:30h, encontro en liña de ESF “O papel da enerxía nuclear a día de hoxe” neste enlace
- 13 de outubro (segundo mércores de outubro): Día Internacional para a Redución dos Desastres Natura¡s
- 15 de outubro: Día Mundial das Mulleres Rurais
- 15 de outubro: peche do prazo para presentar candidatura ao Premio Humana, do Consello Social da Universidade de Vigo
- 16 de outubro: Día Mundial da Alimentación
- 16 de outubro: Día Internacional de acción pola Soberanía Alimentaria contra as corporacións transnacionais
- 17 de outubro: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
- 20 ao 25 de outubro: Semana do Coñecemento Aberto (Open Access)
- 24 de outubro: Día Mundial da Información sobre o Desenvolvemento
- 24 de outubro: Día das Nacións Unidas
- 29 de outubro a 1 de novembro: Cósmica (reunión de todas as asociacións de Ingeniería Sin Fronteras de España)
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram, difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
A menos que inventemos unha enerxía milagreira, teriamos que reducir deliberadamente o noso nivel de vida
La entrada Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2021 aparece primero en ESF Galicia.
0 comentarios