Este ano non foi unha Cósmica ao uso [Cósmica: reunión da base social de todas as asociacións que formamos parte da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras]. Xuntámonos nun albergue de Torremolinos grazas á iniciativa e empeño dun par de persoas que tiñan moitas moitas ganas de que nos xuntásemos (sodes super-riquiñxs!!). Tamén grazas ao esforzo das compañeiras de ISF Andalucía, puidemos facer unha xuntanza que non fose a través da pantalla dun ordenador.
Nesta ocasión, a organización, actividades e talleres non eran tan importantes, xa que o que se buscaba era volver a vernos as caras en vivo e recuperar as sensacións perdidas tras un período confuso e difícil para todas.Esta Cósmica axudounos a todas a recargar as pilas e volver con moitísimas máis forza para seguir traballando. As actividades e temas a tratar foron xurdindo sobre a marcha, deixando o máis divertido para o domingo á mañá: a Asemblea Federal.
Comezamos o sábado pola mañá facendo un recap de todas as ISF para poñernos ao día e ver como nos afectou a pandemia. Tamén aproveitamos para darlle a benvida ás novatas (no caso de ESF Galicia, Alberto e Mateo, que Dani xa é un veterano). Neste espazo vimos que, pese a que fose unha etapa un pouco difícil, puidéronse sacar cousas positivas como achegamento de máis persoas interesadas a través da vía telemática ou novas ferramentas e maneiras de traballar independentes da localización da persoa interesada.
Esa mesma tarde reservamos un espazo para falar e reflexionar sobre a xustiza climática, onde se creou un debate sobre o papel de ESF nese aspecto a xurdiron algunhas ideas interesantes. Acto seguido comentamos as nosas experiencias coa acollida das novas voluntarias e puidemos ver que todas nos enfrontamos aos mesmos problemas. Ademais, o noso compañeiro Miquel de ESF Catalunya aproveitou para presentar o libro “La nueva cooperacion“, o cal se encargou de coordinar.
Despois chegou a parte máis importante…a vertebración! As compañeiras de ISF Andalucía e Baleares organizaron unha rutasca con paradas estratéxicas en puntos con algún atractivo cultural, bares, concursos de comida vegana, moitísimas risas e por riba de todo, isto serviu para coñecer xente moi guai que estamos desexando ver de novo.
O domingo pola mañá na asemblea pasaron dúas cousas bastante importantes para ESF Galicia: o noso compañeiro Mateo entra na xunta directiva federal como vicepresi (parabens Mateo e grazas polo enchufe ); e por outra parte a próxima cósmica…será celebrada polos nosos lares! Estades todas invitadas, esperámosvos aquí o ano que ven.
Esa mesma noite (o domingo) as máis valentes seguiron coa vertebración, pero xa houbo baixas porque había xente que tiña que marchar cedo ao día seguinte…
En resumo, unha experiencia top e recomendadísima, isto segue!
PD: Vémonos en Marzo na asemblea de Zaragoza, ou se non xa o outono que vén en Galicia!
La entrada Cósmica 2021. Na Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras volvemos a poñernos corpo! aparece primero en ESF Galicia.
0 comentarios