CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Comezamos setembro participando nun Laboratorio sobre Activismo organizado polas compas de Amigos da Terra.
Coa chegada do outono, un tempo de cambios no que semella que a sociedade comeza reclamar tamén cambios urxentes para que os gobernos apliquen as medidas necesarias para frear o cambio climático. Por iso, o 27 de Setembro apoiamos a #folgamundialpoloclima do #27S. Pedimos que se declare xa a #emerxenciaclimática e se tomen medidas concretas para combatela. Mentres tanto, seguiremos impulsando cambios no noso día a día, e tamén, colaborando con outras persoas en movementos e asociacións.
Durante o verán tamén aproveitamos para darlle unha volta ao local de Coruña, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos (Campus de Elviña). Agora temos un taboleiro onde imos tratar de representar o que facemos en ESF, cos distintos temas e lugares onde traballamos, cun rinconciño especial do voluntariado. Tamén temos a nosa biblioteca recén remozada, con materiais para préstamo sobre Dereito á auga, enerxías renovables, soberanía alimentaria, servizos urbanos, educación para a paz, dereitos humanos, outras realidades, voluntariado e activismo, xénero… Vinde visitarnos!!
Durante unha semana tivemos a Dani, o noso presi, en Honduras, onde estivo compartindo reflexións coa nosa socia Ahjasa HN, sobre fortalecemento institucional futuro do programa de persoas técnicas comunitarias.
O 21 de Setembro foi o día da liberdade de software, ou día do #SoftwareLibre. Soberanía tecnolóxica e tecnoloxía para as persoas en estado puro. Atopamos unhas infografías chulas na web de Flisol para explicalo. Ademais, tivemos a sorte de que dende Mancomún contaran connosco para explicar a experiencia dunha ONGD na migración a software libre nun dos seus podcast.
HONDURAS
En Honduras, rematou o campamento da Red Jóvenes en acción por el clima, onde tivemos a Zoe como representante de ESF (e xa está de volta en Galicia). Rematamos setembro dándolle á benvida a Dani Umanzor como traballador na nosa sede de Honduras. Botaralle unha man a Elmer e a Raquel neste peche do ano. Tamén estivemos cos últimos preparativos da viaxe de Lourdes e Alba a Galicia. E, como non, continuou o traballo nos programas de soberanía alimentaria, xénero e dereito á auga.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- La amenaza invisible del agua contaminada en el mundo
- España se seca: el drama de los pozos ilegales
- Comprender la «nueva ruralidad» en América Latina y qué significa para el sector de agua y saneamiento
- La remunicipalización del agua en Valladolid deja 13,3 millones de euros de beneficio en su segundo año
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- A Xunta responsabiliza o Goberno central de todos os obstáculos para a emisión de medios como Cuac FM
- PODCAST HABITANDO, de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Consumo responsable
- Fairphone 3 – smartphone sostible, ético e reparable
- Papel higiénico: por qué es cada vez menos sostenible
- ¿Sabes cuánto tarda en descomponerse tu basura?
- El aumento del CO2 de la aviación mundial en los últimos cinco años equivale a 50 nuevas centrales eléctricas de carbón
Cooperación e ONGD
- Cooperación? de que tipo?
- El 93% de los cooperantes humanitarios atacados en 2018 eran trabajadores locales
Educación para o desenvolvemento
- Libro. Ecología y género en diálogo interdisciplinar. Plaza y Valdés.
Iniciativas
- IFIXIT. Guías de reparación para todo, escritas por todos
- The Tech Pledge (Manifiesto tecnolóxico)
- Movemento Galego polo Clima
Investigación para o desenvolvemento
- Un informe da UE advirte de riscos para a agricultura galega polas secas máis “severas” que trae consigo o cambio climático
- Decoupling or ‘Decaffing’? The Underlying Conceptualization of Circular Economy in the European Union Monitoring Framework
- ¿Quién ejercía los cuidados en la Prehistoria?
- Informe de la ONU: La Tierra se dirige hacia un escenario sin precedentes
Mundo
- Organismos internacionales piden la aplicación y adopción del derecho internacional humanitario y el Cuarto Convenio de Ginebra como base fundamental para proteger a los civiles saharauis
- 137 concesiones mineras y de energía invaden territorios indígenas en Honduras
- Así está Hong Kong reinventando la protesta para el siglo XXI
- Los eventos meteorológicos extremos de 2019 provocan el mayor número de desplazados desde que se tienen registros
- La sequía y el presupuesto nacional en Honduras
- Libro. Historia de las desigualdades sociales en América Central
- Los niveles de pobreza en América Latina
Políticas e modelos de desenvolvemento
- “No actual relanzamento da enerxía eólica non se debe caer nos mesmos erros cometidos anteriormente”
- Los ODS o la política de colorines
- O peche da central de carbón das Pontes será un enorme avance na loita perante a emerxencia climática
- Una economía al servicio de las personas y compatible con el medio ambiente
Sensibilización
- Y tú, ¿qué haces contra el desperdicio alimentario?
- Las petroleras suman 45.000 millones en negocios incompatibles con el clima
- Manifesto 2019
- La pobreza, ¿pereza o injusticia social?
- ‘Salvemos o Iribio’ reclama no TSXG a paralización das obras do parque eólico situado en Rede Natura
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- El youtuber que recupera las técnicas de cultivo ecológico de «toda a vida»
- Entrevista | María do Mar Pérez Fra. “Non imos repoboar o rural a base de heroes e de heroínas. Demandamos unhas condicións de vida mínimas”
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- El rechazo a la tecnología de reconocimiento facial llega a la música
- La multimillonaria industria de los “servicios climáticos” está alterando el acceso a los datos sobre el cambio climático
- Emapic: Mapas colaborativos de lugares naturales interés o de puntos de riesgo medioambiental
- La tecnología de control social basada en la inteligencia artificial ya está presente en 75 países
- Proyecto Voldemort, el informe que saca a la luz los trapos sucios de Facebook
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Así se extienden los anticonceptivos en África: “Desde que usas ese condón estoy en una nube”
- Geoingeniería solar: solución al cambio climático o fuente de más conflictos
- Estufa que gasta “una astilla por hora” lista para su producción en masa
- How artificial intelligence can tackle climate change
- Timbersoul o cómo frenar el cambio climático a través de la edificación
Activismo e Persoas
- Donna Haraway, la científica contra el Antropoceno cuyo laboratorio es el lenguaje
- Kerexu Yxapyry: “Mis ancestros eran tratados como incapaces, pero conseguimos preservar la vida para todas las sociedades del mundo”
- Ancares, a natureza gandeira. Segundo Núñez é un dos últimos gandeiros que traballa a man os prados de sega da alta montaña lucense
- Edward Snowden: “Los gobiernos están empezando a delegar su autoridad a las grandes plataformas tecnológicas”
- La misoginia tolerada desde el MIT a Silicon Valley
- Me gusta el mueve mueve
- Asesinada a tiros una activista medioambiental en Guatemala
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Tercer Sector de Acción Social, Movilización Social y Voluntarido. ¿Transformando juntos?
- Cultura tradicional e desenvolvemento rural.
- Percorre o teu labirinto. Manual de xénero e autoestima e Guía Metodolóxica. InteRed
E NO PRÓXIMO MES …
- 2 de outubro: Día Internacional da Non Violencia
- 3 de outubro: Día mundial contra os DRM (Digital Rights Management, ou Xestión dos Dereitos Dixitais)
- 4 de outubro: Día do Animal
- 5-12 de outubro: visita a Galicia de Alba e Lourdes, dúas lideresas hondureñas de grupos de pesca e marisqueo cos que traballamos xunto coa nosa organización socia en Honduras CODDEFFAGOLF. APROVEITADE PARA COÑECELAS
- 7 de outubro (primeiro luns de outubro): Dia mundial do Hábitat
- 9 de outubro (segundo mércores de outubro): Día Internacional para a Reducción dos Desastres Natura¡s
- 15 de outubro: Día Mundial das Mulleres Rurais
- 16 de outubro: Día Mundial da Alimentación
- 16 de outubro: Día Internacional de acción pola Soberanía Alimentaria contra as corporacións transnacionais
- 17 de outubro: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
- 17 de outubro: concerto solidario de Juancho Marqués no teatro da cidade universitaria de Vigo, organizado pola Universidade de Vigo a prol do programa de dereito humano á auga de Enxeñería Sen Fronteiras
- 20 ao 25 de outubro: Semana do Coñecemento Aberto (Open Access)
- 24 de outubro: Día Mundial da Información sobre o Desenvolvemento
- 24 de outubro: Día das Nacións Unidas
- 1-3 de novembro: encontro anual da base social da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras en Valladolid (ou, como a coñecemos agarimosamente, A CÓSMICA).
- Semana do 4 de novembro: visita a Galicia de Doris e Lucía, defensoras da terra hondureñas, fronte a empresas mineiras sen escrúpulos.
- 22-24 de novembro: segundo encontro anual e asemblea da base social de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (Xuntanza). Pronto anunciaremos o lugar!!
- 27-29 de novembro: VIII Congreso Universidade e Cooperación ao Desenvolvemento
- Finais de novembro-principios de decembro: visita a Galicia de María Basilia e Teresa, pertencentes a xuntas directivas de Juntas Vecinales de Agua y Saneamiento de Honduras.
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
“A tecnoloxía non é neutral. Estamos dentro do que facemos, e o que facemos está dentro de nós”.
Donna Haraway
La entrada Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2019 aparece primero en ESF Galicia.
0 comentarios