Boletín Oficial ESFeiro: febreiro 2017

por Ingeniería Sin Fronteras

viernes 3 de febrero de 2017

por Ingeniería Sin Fronteras

viernes 3 de febrero de 2017


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Neste inicio de ano non decaeu a actividade da asociación. Xa está en marcha a organización da Xornada sobre o modelo enerxético o 18 de febreiro en Vigo, e a piques de arrincar ás sesións da materia de Cooperación ao Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Ademais, queixámonos das trabas burocráticas que se lle poñen ás asociacións, recomendamos o libro O Desengano da Internete e quixemos unirnos ao homenaxe a Zygmunt Bauman trala súa morte, lembrando algunha das súas frases máis inspiradoras. Tivemos tempo tamén para compartir unhas reflexións sobre voluntariado transformador a partir dun obradoiro que desenvolvimos na Xuntanza da base social de ESF de novembro.

Volver



BLOGUE HONDURAS

    En Honduras no mes de xaneiro estiveron a retomar as actividades tralo parón de Nadal, e non houbo actividade no blogue. Rematáronse a finais de 2016 catro proxectos que tiñamos en marcha e estase a pechar a recopilación de documentación para xustificar as subvencións aos distintos financiadores. Dentro do programa de promoción do dereito á auga rematou a Fase 2, coas nosas socias Mancomunidade de Municipios de NASMAR, Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento e Cartolab da UDC, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, que durou 24 meses. Dentro do programa de soberanía alimentaria remataron tres proxectos, todos eles colaborando co noso socio CODDEFFAGOLF: un de 24 meses financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, outro de dous meses financiado polo Concello de Lugo (xa xustificado) e outro financiado pola Unión Europea (no que ESF participaba como socio) que durou 36 meses. En 2017 continúan dous proxectos dos que tiñamos xa en marcha: a Fase 3 do Programa de Dereito á Auga, financiada pola Xunta de Galicia, así como co convenio financiado por AECID que forma parte do programa de soberanía alimentaria (e no que imos en consorcio con Amigos de la Tierra e Veterinarios Sin Fronteras). E xa estamos empezando a preparar novas accións coas nosas socias hondureñas para buscar financiación en 2017!

Volver


OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar…

Outras canles 2.0 de ESF Galicia poden consultarse dende aquí.

Volver



OUTRAS CANLES ISFERAS


    Trátase doutras canles 2.0 do resto das asociacións de Ingeniería Sin Fronteras que, xunto con ESF Galicia, forman parte de Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras. Podes coñecelas aquí.

Volver


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

Volver


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Centroamérica Encendida. Transnacionales españolas y reformas en el sector eléctrico
  • Las ONG en España. De la apariencia a la realidad nbg
  • Ayuda, mercado y buen gobierno. Los lenguajes del desarrollo en África en el cambio de milenio


Volver


E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.

Volver



A ESF-RASE DO MES

“A esencia da tecnoloxía non é de ningún modo a tecnoloxía”.
Martin Heidegger

Volver

La entrada Boletín Oficial ESFeiro: febreiro 2017 aparece primero en ISF.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.