Xornadas sobre o modelo enerxético o 18 de febreiro en Vigo

por Ingeniería Sin Fronteras

domingo 22 de enero de 2017

por Ingeniería Sin Fronteras

domingo 22 de enero de 2017

 Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras apoiadas pola Plataforma por un Nuevo Modelo Energético unen esforzos para organizar a xornada “Enerxía e Desenvolvemento sostible. A urxencia de repensar o modelo enerxético global” que se celebrará o vindeiro sábado 18 de febreiro en Vigo.

Concretamente a idea é crear un espazo de reflexión colectivo sobre o actual modelo enerxético e os seus impactos, coñecer accións que se están desenvolvemento a nivel local, nacional e internacional para, unha vez avaliado o interese que existe por cambio o actual modelo desde distintos ámbitos, identificar accións e crear vínculos para promover un grupo de traballo no noso territorio.  Todo isto desenvolverase a través do seguinte programa:

10:00-10:15 Benvida
10:15- 10:45 Impactos sociais do sistema enerxético actual. Grupo “Enerxía” de Enxeñería Sen Fronteiras
10:45- 11:15   Impactos ambientais do sistema enerxético actual. Benigno Rodríguez Gómez, universidade de A Coruña
11:15- 11:45 Características do mercado enerxético español. José Luis Villamarín Fernández, grupo “Enerxía” de Amigos da Terra
11:45- 13:00  Dinámica de dialogo colaborativo (I). Xeración de ideas
13:00- 13:30 Cooperativas de comercialización eléctrica. Nosa  Enerxía Sociedade Cooperativa Galega
13:30- 14:00 Xeración distribuída, autoconsumo e redes intelixentes. Antón Román Portabales
   14:00-15:30 Comida networking
15:30- 16:00 Enerxía e Cambio Climático: Mercados de comercio de emisións e outros mecanismos de compensación. Miguel Rodríguez Méndez, Universidade de Vigo
16:30- 17:00 Proxectos de acceso á enerxía no Norte e no Sur. Sonia Ramos Galdo, grupo “Enerxía” de Enxeñería Sen Fronteiras.
17:30- 18:00 Organizacións Transformadoras da Sociedade Civil. Julio Campo, Plataforma por un Nuevo Modelo energético
18:00- 19:30  Dinámica de dialogo colaborativo (II). Xeración e priorización de ideas
19:30- 20:00 Propostas de traballo futuro

Neste marco, queremos contar co máximo de perspectivas posibles que enriquezan a reflexión conxunta e a posterior xeración de alternativas. De aí que se busque a participación de persoas tanto de organizacións vinculadas ao sector da enerxía (profesoras/es da universidade e centros de formación profesional, centros tecnolóxicos, empresas, cooperativas, sociedade civil) así como persoas de organizacións relacionadas con sectores sensibles aos seus impactos (asociacións medio ambientais, terceiro sector, administracións públicas, organizacións políticas e de consumidores).

Dado que o aforo é limitado, para poder asistir á xornada será preciso inscribirse previamente no correo enerxia@amigosdaterra.net.  A inscrición será por orden de recepción e pecharase o día 15 as 15:00 horas, quedando habilitada unha lista de reserva para posibles baixas.


ENERXÍA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE 
A urxencia de repensar o modelo enerxético global
  • Cando?

   SÁBADO 18 DE FEBREIRO

  • Onde?

   PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
   EDIFICIO CAMBÓN (3ª PLANTA)
   R/ OLIVA Nº 3, – VIGO

Prazas limitadas!! (inscripción  en enerxia@amigosdaterra.net ata o día 15 as 15:00)

La entrada Xornadas sobre o modelo enerxético o 18 de febreiro en Vigo aparece primero en ISF.

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.