Este mes, tras varios contactos a través da Coordinadora Galega de ONGD, tivemos a decepción coa Xunta de Galicia de que non atendera a nosa petición de considerar ao persoal cooperante como prioritario para a vacina contra a COVID19, tendo que esperar a súa quenda por idade nos casos en que van facer algunha estancia de voluntariado ou traballo en cooperación noutros países. As prioridades e a imaxe que se quere proxectar de Galicia e España parece que seguen sen ser o apoio á defensa dos dereitos humanos…
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- A recomendación artística do mes
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Xuño veu ben cargadiño. Empezamos o mes participando nun webinar organizado polo Colectivo de Representantes de Estudiantes de Ingeniería de Caminos, Canales y Puertos y la Ingeniería Civil, para dar a coñecer o traballo de das distintas asociacións da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.
Creouse un grupo de telegram de facilitación e educación popular, pois somos moitas as persoas en ESF interesadas e formadas neste tema, e sempre está ben poder compartir ideas e iniciativas. Calquera pode unirse aquí.
Tiñamos moitísimas ganas de empezar a vernos presencialmente, e por fin puidemos facelo!! Foi nun parque de Santiago de Compostela, onde falamos sobre todo da situación en Mozambique con xente que coñece ben o que alí acontece. Esperamos empezar a achegar esa realidade a nosa base social como parte da actividade do grupo Mozambique constituído hai unhas semanas.
No IES Castro da Uz, e colaborando con Melissa, tivemos ocasión de organizar un mapatón para 4º da ESO, onde o alumnado puido mapear elementos patrimoniais e introducilos en Openstreetmap.
No día das mulleres na enxeñería quixemos traer un preocupante dato de evolución da presenza de mulleres nos estudos de enxeñería e arquitectura en Galicia.
Tamén tivemos o ciberfaladoiro sobre “Homes feministas, grupos mixtos e desempoderamento”, do que aquí podes ver o resumo.
Rematamos o mes asinando un convenio con CITIC e coa Asemblea de aprobación de contas e de designación de cargos en xunta directiva, que entrarán en vigor cando chegue a documentación do Ministerio do Interior.
As novas persoas da Xunta Directiva de ESFGalicia, ás que lles queremos dar unha cordial benvida e transmitir o agradecemento polo seu compromiso, serán:
- PRESIDENCIA: Marc Romero
- VICEPRESIDENCIA: Alberto
- SECRETARÍA: Zoe Chaos
- TESOURARÍA: Tomás Bande
- VOGALÍA 1: Carmen Troncoso
Pronto os poderedes coñecere mellor!
HONDURAS
En Honduras tivemos a boa nova da concesión dunha axuda da Deputación da Coruña de algo máis de19000 euros para continuar o traballo no programa de defensa do dereito humano á auga. Seguirá o apoio ao programa de persoal técnico comunitario con AHJASA, que se formaran en fases anteriores e xa empezaron a atender a aldeas. É importante continuar este apoio nestes primeiros meses, e máis coa pandemia da COVID19 aínda activa no país.
Continuou o traballo no proxecto de apoio ás Oficinas Municipales de la Mujer e grupos de mulleres organizadas, financiado pola Xunta de Galicia, con NASMAR e CODDEFFAGOLF, así como o de soberanía alimentaria financiado por AECID,con accións de apoio á comercialización en canles curtas e produción local.
En xullo buscaremos financiamento na Xunta de Galicia para dous proxectos: a fase 2 do recentemente finalizado proxecto de apoio da actividade marisqueira, e a seguinte fase do programa de dereito á auga (que o aporte da Deputación complementará).
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
- Taller: “Alimentación globalizada: Más salmorejo y menos Monsanto”
- Basura electrónica, residuos fuera del radar
Cooperación e ONGD
- Apertas pre-apocalípticas (sobre dixitalización nas ONG)
- Guía práctica “Transversalización del medio ambiente y el cambio climático en los proyectos de cooperación internacional para el desarrollo”
- Dereitos da natureza
Educación para o desenvolvemento
- La energía y las ambiciones humanas en un planeta finito. Material educativo.
- V Congreso de Educación para a Transformación Social
- Un libro infantil galego sobre o impacto da minaría chega a Londres
- Freire y el oprimido: ¿nos enseña la educación a ser libres?
- Talentos Inclusivos pecha a súa primeira edición despregando tecnoloxía e valores
- Un vídeo divulgativo sobre “a primeira programadora” Ada Lovelace imponse no certame ‘Explícoche matemáticas 2.0’
Enerxía e cambio climático
- Faladoiro. Defensa jurídica del territorio ante megaproyectos de renovables. Fondo para la Defensa Jurídica de la Cordillera Cantábrica. 1h 36min
- Dez grandes lugares patrimoniais ameazados, para entender o impacto da avalancha eólica no patrimonio
- Antonio Turiel / Investigador en el Institut de Ciències del Mar del CSIC. “Se está intentando desincentivar el consumo eléctrico en los tramos máximos de una manera salvaje y equivocada”
- Outra transición enerxética é posible: autoxestión fronte a renovables a gran escala
- Mesa redonda. Emergencia climática y conflictividad desde una mirada ecofeminista. 1h 44min
- Negociar coas eólicas: “ou asinas o que queren ou van á expropiación”
- Los COCHES ELÉCTRICOS NO SON LA SOLUCIÓN a las crisis climática
Iniciativas
- Mobi-liza. Asociación por unha mobilidade responsable
- “O Matadoiro ten a capacidade de ensinarlle á cidadanía de Compostela que somos capaces de autoxestionármonos”
- redearmela.org. Rede de investigación en igualdade, dereitos e estado social
Investigación para o desenvolvemento
- La mitad de la población ha cambiado sus hábitos de consumo por cuestiones medioambientales o éticas
- A blueprint for breaking free from mining by 2050
Mundo
- Taiwán prioriza la producción de chips sobre el regadío de tierras agrícolas ante la sequía
- Nicaragua continúa con los arrestos de líderes políticos con la detención de seis disidentes sandinistas
- Honduras no está a la venta
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Casi todo lo que consumes se mueve en barco
- Demuestran en el Senado que los parques eólicos “causan despoblación mientras que la generación distribuida ofrece beneficios”
- The Delusion of Infinite Economic Growth
Sensibilización
- Campaña ‘Canto sabe(s)?’
- Que hai detrás da restauración de canteiras e minas; unha estafa consentida ou un proxecto medioambiental?
- Los efectos devastadores del calentamiento serán una realidad en los próximos años
- El imperialismo como base del racismo
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Green Software Foundation, una fundación creada con el fin de producir menos emisiones de carbono en el desarrollo de software
- A profesora Soledad Torres desenvolve a primeira asistencia dixital galega con perspectiva de xénero
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Red de Evaluación Social de Tecnologías en América Latina
- Datificación y corporalidad digital: ¿Son los datos un nuevo cuerpo?
- Microchips y transhumanismo: el camino hacia un control total de nuestro cuerpo
Voluntariado e Persoas
A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES
Este mes recomendamos a Mano Azagaia, rapeiro mozambiqueño comprometido coa situación do seu país. Na canción Ai de nós fai referencia a problemas actuais do país como o conflicto en Cabo Delgado ou a afectación da COVID19.
E NO PRÓXIMO MES …
- 3 de xullo (primeiro sábado de xullo): Día Internacional das Cooperativas
- 7 de xullo: Día da Conservación do Solo
- 15 de xullo: Día Internacional das Tecnoloxías Apropiadas
- 24 de xullo: Peche do prazo para presentación de traballos ao Premio Ingeniería Solidaria para TFM e TFG de Enxeñería ou Arquitectura
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia segue as nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram, onde difundimos tamén eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
O discurso tecnolóxico non é ideoloxicamente inxenuo […]. Ademais, nin remotamente temos tecnoloxía para substituír todo o que a natureza nos aporta […]. É máis, aínda que fose posible, é infinitamente máis difícil esa vía tecnolóxica que o esforzo de coidar a natureza que xa temos e o que require é poñer límites a un modelo que a devora para beneficio duns poucos.
La entrada Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2021 aparece primero en ESF Galicia.
0 comentarios